21 setembro, 2007

Lesións

Vertebra por vertebra a columna da espiral da miña vida vaise deformando conforme pasan as horas, os días, os anos...


Namentres as vertebras vanse deformando é pouca a dor sofrida, mas moita a dificultade de andar. O problema será se algun día chega a escachar algunha...

Que facer? non hai especialista diso e o máis semelllante está tan lonxe... que nin con cartos sería posível atraelo...

Por outra parte, á solución máis lóxica sería empregar un corrector... a un prezo módico para ir pasando o rato... ¿É lexível?

Sem comentários: