Este é o comezo da miña carreira en solitario. Non sei en que vou escribir, galego normativo ou reintegrata, calquera dos dous é válido, mais penso que de momento o idóneo é escribir deste xeito.
Estaba hoxe tranquilamente no msn cando de súpeto houbo algo que me fixo ter que voltar a escribir. xa levaba tres meses case sen facelo. Os meus escritos son xa comida da papeleira ou soporte de apoio para o po, que por centímetros se pode ver no meu libro nunca publicado de "reflexións filosóficas" digno de todo un Aristóteles en potencia.
A miña vida de hoxe até o vindeiro verán está preparado. Non vou dicer a onde vou ir, nin si pertenzo ou non a unha secta relixiosa, espero non ter que falar moito da miña persoa e si dos meus sentimentos en común con moita xente. Tampouco espero recibir visitas, isto é un medio para desviar a "presión" ou a "indefensión" do meu corpo ante certos estados da mente.
Estes días volto a escoitar Bjork máis que nunca. A esta cantante islandesa de orixe lapón descubrina hai xa varios anos, tres para seren exactos. Bueno en realidade antes a coñecía mais non gustaba dela. Agora é unha diosa para min en tódolos sentidos. Un icono sexual e musical. Sempre a escoitaba antes de ir traballar pola noite ó porto, dábame forzas a súa voz para levantar ás dúas da mañá e recorrer 20 minutos de rúas baleiras cheas de frio e soidade. A mestura da saudade facía mella nunha cidade que das 24 horas do día, 20 é acolledora. Hai un anaco do día, calculo eu que entre as 2.30 e as 6.30 da mañá na que o último que desexarías é ter que sair da casa. Claro está, falamos de días de semana, non na fin de semana, na que todo é moi diferente.
O pistoletazo de saída dun blog que ninguén coñecerá gracias a min.
Benvido eu mesmo! :D
12 setembro, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário