Ten moita leria que canto pior estaba eu, máis inspiración tiña pra escribir unhas palabras nun papel. Poesias, cancións, historias e contos eran dignos de ser entregados, máis penso que mellor están na intimidade.
Resulta bastante sorprendente os camiños que atopar o ser humano cando está mal para sair do bache, loita, loita e despois loita, xa o dicía Napoleon "para gañar a guerra fan falta tres cousas, cartos, cartos e cartos".
A creación de tódolos xenios debíase en grande xeito á súa peculiar forma de ser. Todos sabemos o excentrico que era Dalí ou que Shakespeare creaba obras baixo os efectos das drogas. Toda persoa precisa esa "inducción" para poñerse ó curro con algo.
A miña inspiración antes eran os meus propios pensamentos, os meus quebradeiros de cabeza. Hoxe en día supoño que me refuxio na música, a música boa, a que expresa sentimentos; non esa merda que se escoita hoxe en día e só serve pra bailar porque non hai por onde collela.
Inspiración, nunca me deixes só
20 setembro, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário