Só hoje, querería saber o que é matar e quedar impune no delito...
ira, raiba, guerrilheiro...
Hoje síntome francamente mala pessoa
28 setembro, 2007
26 setembro, 2007
Perdoa
As veces o bo de equivocarse con alguén é xustamente darse conta do erro que cometiches. O peor de todo é que sabes que vas cometer máis na túa vida sen poder facer nada por evitalo. Como ese estudio de que un ser humano trágase como mínimo 10 arañas mentres durme e non o pode evitar. Estou seguro que si lle das a escoller a unha persoa se quere xantar un arácnido dirache que non. Outra boa pregunta sería se estás a réxime, iso non te debe joder a dieta? que putadón!
En definitiva os erros cométense e hai que saber pedir perdón. Non podo pór aquí toda unha longa lista coa xente que lle debería pedir perdón pero principalmente son dúas persoas as cales aturáronme máis que ninguén cando pior estaba.
A esas persoas e ó resto, Obrigada

Alto, Moi Alto
Alto sen mirar abaixo. Mirando podes marearte, ti so debes mirar alto.
Ti aspiraches ó máximo desde que naciches, ti eras a cousa máis desexada no seo da familia.
Ti tiñas o don de agradar a todos, tamén tiña o don de que non che fixeran dano as críticas
Ti eras a moda dos positivos, o escollo dos pesimistas.
Ti serías un meteorólogo, un alto cargo nunha empresa ou mesmo o xefe de un puticlub.
Ti estarías casado con vintecinco, terías dous fillos con trinta e un deles chamaríase Uxía.
Ti decidiches divorciarte antes de casarte, facerte unha vasectomía antes de ter fillos.
Ti decidiches mirar para as nubes só por diversión.
Ti pediches unha explicación ante tanta perda, máis non atopaches resposta.
Tu fechaches a porta que em outro tempo abriches coa túa felicidade...
Volta mirar arriba...
Volve ser ese...
Ou simplesmente, borra o teu pasado

22 setembro, 2007
Imos Xogar
Imos xogar un partido de fútbol sen balón
Imos xogar o xadrez sen taboleiro
Imos xogar ó escondite sen poder camiñar
Imos xogar ás casiñas estando en Ruanda
Imos xogar a ser deuses, nunha comunidade atea
Imos xogar a ir facendo guerras, sabendo que non somos iankis
Imos a decirnos te quero, aínda coñecendo ó noso odio
Imos ter un fillo, aínda que sexa esteril
Imos gozar unha noite, aínda que non me apeteza

21 setembro, 2007
Lesións
Vertebra por vertebra a columna da espiral da miña vida vaise deformando conforme pasan as horas, os días, os anos...
Namentres as vertebras vanse deformando é pouca a dor sofrida, mas moita a dificultade de andar. O problema será se algun día chega a escachar algunha...
Que facer? non hai especialista diso e o máis semelllante está tan lonxe... que nin con cartos sería posível atraelo...
Por outra parte, á solución máis lóxica sería empregar un corrector... a un prezo módico para ir pasando o rato... ¿É lexível?

20 setembro, 2007
Inspiración
Ten moita leria que canto pior estaba eu, máis inspiración tiña pra escribir unhas palabras nun papel. Poesias, cancións, historias e contos eran dignos de ser entregados, máis penso que mellor están na intimidade.
Resulta bastante sorprendente os camiños que atopar o ser humano cando está mal para sair do bache, loita, loita e despois loita, xa o dicía Napoleon "para gañar a guerra fan falta tres cousas, cartos, cartos e cartos".
A creación de tódolos xenios debíase en grande xeito á súa peculiar forma de ser. Todos sabemos o excentrico que era Dalí ou que Shakespeare creaba obras baixo os efectos das drogas. Toda persoa precisa esa "inducción" para poñerse ó curro con algo.
A miña inspiración antes eran os meus propios pensamentos, os meus quebradeiros de cabeza. Hoxe en día supoño que me refuxio na música, a música boa, a que expresa sentimentos; non esa merda que se escoita hoxe en día e só serve pra bailar porque non hai por onde collela.
Inspiración, nunca me deixes só

19 setembro, 2007
Como Dizer...
... Que te quero...
Como dizer.... que te engano cando te digo que só a ti...
Como dizer.... que non te podo prometer estar contigo... e a pesar querer estar contigo
Como dizer.... que non podo asegurar nada do meu caracter...
Como dizer... que son tan raro que escribo isto porque non o podo escribir na miña cara...
Como dizer... que teñas moito coidado se coñeces a alguén coma min...

12 setembro, 2007
A Vida
Quero á vida coma quen quere falsamente. Se fora mala a desecharía, se fora boa a amaría. Detesto á vida coma detesto unha perda de un ser querido. Jode saber que non estará ahí
Quero a mellor vida á que poda aspirar e calquera que fora peor sería un fracaso pra min, de feito a vida en si para min xa o é.

Comezo
Este é o comezo da miña carreira en solitario. Non sei en que vou escribir, galego normativo ou reintegrata, calquera dos dous é válido, mais penso que de momento o idóneo é escribir deste xeito.
Estaba hoxe tranquilamente no msn cando de súpeto houbo algo que me fixo ter que voltar a escribir. xa levaba tres meses case sen facelo. Os meus escritos son xa comida da papeleira ou soporte de apoio para o po, que por centímetros se pode ver no meu libro nunca publicado de "reflexións filosóficas" digno de todo un Aristóteles en potencia.
A miña vida de hoxe até o vindeiro verán está preparado. Non vou dicer a onde vou ir, nin si pertenzo ou non a unha secta relixiosa, espero non ter que falar moito da miña persoa e si dos meus sentimentos en común con moita xente. Tampouco espero recibir visitas, isto é un medio para desviar a "presión" ou a "indefensión" do meu corpo ante certos estados da mente.
Estes días volto a escoitar Bjork máis que nunca. A esta cantante islandesa de orixe lapón descubrina hai xa varios anos, tres para seren exactos. Bueno en realidade antes a coñecía mais non gustaba dela. Agora é unha diosa para min en tódolos sentidos. Un icono sexual e musical. Sempre a escoitaba antes de ir traballar pola noite ó porto, dábame forzas a súa voz para levantar ás dúas da mañá e recorrer 20 minutos de rúas baleiras cheas de frio e soidade. A mestura da saudade facía mella nunha cidade que das 24 horas do día, 20 é acolledora. Hai un anaco do día, calculo eu que entre as 2.30 e as 6.30 da mañá na que o último que desexarías é ter que sair da casa. Claro está, falamos de días de semana, non na fin de semana, na que todo é moi diferente.
O pistoletazo de saída dun blog que ninguén coñecerá gracias a min.
Benvido eu mesmo! :D

Subscrever:
Comentários (Atom)